Galego Castelan

CONSTRUÍNDO O FUTURO

   Accedeu vostede a unha Web nacida coa vocación de prestar un servizo útil en necesidades cotiás á comunidade galega, e ao mesmo tempo facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a sectores tradicionalmente afastados, de maneira que podamos aproveitarnos da inmediatez, do alcance universal, e tamén dos servizos "on-line" que as empresas relacionadas poidan facilitar, coa comodidade engadida de facelo en calquera momento e en calquera lugar con acceso a Internet.

 

   Unha das cuestións cotiás, e de gran importancia, é precisamente a dos decesos e os servizos asociados. Esta é unha cuestión na que en Internet só pódense atopar algúns esforzos individuais e pouco coordinados.

   Desenvolvemos e pomos os medios técnicos necesarios para que as Asociacións e Empresarios do sector poidan, non só achegar a información puntual, senón tamén todos os servizos relacionados, algúns dos cales pódense prestar desde Internet, talles como a recollida de condolencias, ou o enviou de flores, ou outros novos como a publicación de notas necrolóxicas e obituarios, evidentemente coas prevencións necesarias para o correcto funcionamento dos mesmos.

 

   Tomamos pois este reto como o primeiro obxectivo a conseguir, e ao que lle iremos engadindo outros nos que tamén podamos ser vehiculo útil. Este atento ás novidades que iremos incorporando

   Unha ferramenta como esta, que pretende ser útil, está aberta e necesita todas as suxestións que poidan mellorala, de maneira que se poida prestar o mellor servizo, algo no que pomos todo o noso esforzo e ilusión.

 

VINCULO DE ENLACE

   O nivel de visitas aos servizos ofrecidos por esta web foi crecendo exponencialmente demostrando asi a necesidade do mesmo, pero é desde a posta en marcha do novo servizo gratuíto de inserción de lembranzas que estamos a constatar como usuarios, especialmente desde Sudamerica, están a utilizar o servizo para intentar contactar con familiares dos que habian perdido o contacto.

Proximamente poremos en marcha a posibilidade da inserción para familiares e amigos de biografias e notas necroloxicas coa que porá renderse homenaxe dun xeito permanente.